O Concello de Cabanas anuncia a publicación das bases da convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para posíbeis contratacións como limpador do Centro de Saúde, co obxecto de substituír á persoa que desempeña o posto de limpadora de dito espazo por causa de vacacións, permisos ou outras situacións de incapacidade laboral temporal.
O sistema de selección para esta bolsa, que terá unha vixencia de catro anos, é o de concurso – oposición, en quenda libre. Ás persoas que queden en dita bolsa, e que puideran ser chamadas para a realización de substitucións, aplicaráselles un contrato na modalidade de persoal laboral temporal, a media xornada. O prazo de presentación da documentación para aplicar a dita bolsa remata o próximo venres, 21 de abril.