Máis de 200 cativos celebran hoxe e mañá a Semana Santa dos Nenos en Viveiro

Tomarán parte dun dos actos máis emotivos da Semana Santa viveirense, que mestura con este tipo de actividades tradición, devoción e colaboración cidadá
viv

O Concello de Viveiro colabora un ano máis coa Semana Santa dos Nenos que se celebra hoxe e mañá, dende as 18:00 horas, promovida polos veciños de Campo de Urraca. Máis de 200 cativos tomarán parte dun dos actos máis emotivos da Semana Santa viveirense, declarada de Interese Turístico Internacional, e que mestura con este tipo de actividades tradición, devoción e colaboración cidadá.

“É un momento especial. Saber que os máis pequenos da casa se implican dende tan novos nunha data tan destacada para a nosa vila, que cada vez son máis os que queren participar na procesión, portar os pasos ou tocar os tambores, é un motivo de felicidade”, subliña a alcaldesa María Loureiro. “A Semana Santa de Viveiro ten un pasado glorioso, un presente que ano a ano fainos medrar en número de visitantes e en eloxios dos que a veñen a desfrutar, e con actos así se demostra que tamén ten futuro”, engade a rexedora.

O Concello de Viveiro colabora con esta cita aportando tanto a merenda de todos os nenos que participan, como na organización e na loxística destas procesións que discorren polas rúas da vila.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.