Clases de defensa persoal para mulleres en Valdoviño o próximo 6 de maio

Terán lugar de 10:00 a 14:00 horas no pavillón municipal do Longoiro
autodefensa

O Concello de Valdoviño acollerá o vindeiro 6 de maio un dos cursos de defensa persoal feminina que organiza a Deputación Provincial da Coruña, e hoxe ábrese o prazo de presentación de solicitudes a través do formulario da web. O prazo pecharase o 30 de abril -ou unha vez se completen as 70 prazas ofertadas-. O curso, que é de balde, está dirixido a mulleres de 14 a 65 anos, e no caso de menores de idade é imprescindible achegar autorización asinada polo pai, nai ou titor legal e copia do libro de familia e DNIs da menor e persoas que autorizan. 

Durante as clases, que terán lugar de 10:00 a 14:00 horas no pavillón municipal do Longoiro, poderán aprender técnicas de autodefensa e protocolos de actuación ante unha posible situación de perigo.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.