A Ribeira Sacra, A Mariña e Lugo, protagonistas esta semana do ‘Coñece a túa provincia’

Preto de 150 veciños de Pedrafita do Cebreiro, Samos, Begonte, As Nogais, O Incio, Viveiro e Chantada participarán hasta o venres no programa da Deputación
180423 Coñece a túa provincia

Veciñanza de sete colectivos da provincia participan esta semana no programa de viaxes da Deputación de Lugo ‘Coñece a túa provincia’. Son en total preto de 150 as persoas, dende este martes e ata o venres, percorren o territorio provincial coas viaxes gratuítas que impulsa a institución para entidades sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade. A veciñanza esta semana procede dos concellos de Pedrafita do Cebreiro, Samos, Begonte, As Nogais, O Incio, Viveiro e Chantada.

Este martes é o estudantado do Colexio Público de Pedrafita, a través da Asociación de Pais e Nais de Alumnos, o que visitará o Centro de Interpretación Terras do Miño para despois percorrer o Centro Histórico de Lugo con paradas en lugares emblemáticos como a Muralla. Esta mesma visita, pero coa primeira parada na Produtora de Audiovisuais da institución provincial, realizarao mañá mércores o alumnado do CEIP de Samos. Ese mesmo día os usuarios e usuarias do Centro Recreativo, Cultural e Deportivo de Baamonde, en Begonte, visitarán o Mazo de Santa Comba para posteriormente coñecer o municipio de Quiroga.

Será o xoves a quenda de dúas asociacións de mulleres. Por unha banda, as Mulleres Rurais de Counavia, das Nogais, farán a primeira parada no Centro de Interpretación Terras do Miño antes de desprazarse ata o interior da Mariña para visitar Mondoñedo e Lourenzá. Por outra banda, e tamén con parada nesta comarca, pero nos concellos do Vicedo, Viveiro e Ourol, a Asociación de Mulleres as Xeitoras de Eirexalba, do Incio, fará a súa primeira visita á Produtora de Audiovisuais.

Para rematar a semana, o venres será a quenda da Asociación Cultural Proa, de Viveiro, e da Asociación de Veciños San Juan da Alameda, de Chantada. Os mariñáns achegaranse ao Centro de Interpretación Terras do Miño e, posteriormente, coñecerán os concellos de Quiroga e Ribas de Sil. Pola súa banda, os da Ribeira Sacra irán cara o norte da provincia parando primeiro nas instalacións da Granxa Gayoso Castro e continuando aviaxe para coñecer os municipios de Guitiriz e Friol.

O programa Coñece a túa provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estasvisitas realízanas profesionais que teñen a habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.