Cabanas convoca o seu IV Certame de Poesía e Microrrelato

O certame, organizado con gallo do Día das Letras Galegas, este ano tamén abre a porta á creación de microrrelato
Cartaz do IV Certame de Poesía e Microrrelato do Concello de Cabanas | CONCELLO DE CABANAS
Cartaz do IV Certame de Poesía e Microrrelato do Concello de Cabanas | CONCELLO DE CABANAS
PUBLICIDAD

A área de normalización lingüística do Concello de Cabanas vén de anunciar as bases do IV Certame de Poesía e Microrrelato, un concurso literario que se enmarca na programación coa que Cabanas celebra o Día das Letras Galegas, que este ano conmemora a figura de Fernando Fernández del Riego.

O certame ten como principal obxectivo fomentar o uso e o prestixio da lingua galega, en calquera das súas normativas, a través da expresión artística e a creatividade. Como principal novidade, ademais da poesía, este ano o certame abre a porta este ano á creación de microrrelato, aumentando a catro o número de categorías.

Estas serán poesía infantil e xuvenil —até 17 anos, incluídos— ou adulta, a partir de 18 anos, e microrrelato infantil e microrrelato adulto, coa mesma división por idades.

Os premiosserán cestas de produtos de proximidade e as persoas interesadas en participar teñen de prazo até o próximo 14 de maio para facer chegar as súas obras, que deberán ser textos inéditos e integramente en lingua galega, a través do correo [email protected], seguindo as bases dispoñíbeis na web do Concello de Cabanas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.