A Deputación lucense aproba unha moción para instar a Xunta que corrixa o proxecto da Rolda Leste

Porto incidiu nos "fins electoralistas" da Xunta con esta obra, lembrando que a propia Candia “votou en contra da infraestrutura neste mesmo Pleno, cando era deputada provincial”
rolda leste

A Deputación de Lugo aprobou este martes, no último pleno ordinario do mandato, unha moción socialista instando á Xunta de Galicia a que corrixa o proxecto de trazado da segunda fase da Ronda Leste ante as “graves irregularidades” detectadas pola institución, segundo recolle un amplo documento de 400 páxinas con informes elaborados polos servizos técnicos provinciais. O presidente da institución provincial, José Tomé Roca, asegurou que a administración autonómica “insiste no seu erro sobre o proxecto, porque é evidente que está mal. Non cumpre coa normativa que hai actualmente e, polo tanto, o que ten que facer é reformalo”.

José Tomé destacou que a Deputación fixo alegacións “moi ben fundamentadas e con moita precisión de datos, o que nos dá a razón”, e pediu á Xunta negociar co Concello e a institución provincial, xa que “ambas estamos afectadas”. A proposta do Grupo Provincial do PSdeG saíu adiante cos votos a favor do BNG e coa abstención do PP, despois dun debate no que os socialistas constataron que os populares “non teñen ningún argumento” ante as deficiencias expostas pola Deputación e que, “despois de 14 anos sen facer nada”, sacaron este proxecto do caixón, “como un anónimo”, “agora que a ex Alcaldesa de Mondoñedo aspira á Alcaldía de Lugo”.

A Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, incidiu “nos fins electorais” que moven “en exclusiva” á Xunta con esta obra, lembrado que a propia Elena Candia “votou en contra da infraestrutura neste mesmo Pleno, cando era Deputada provincial”, e asegurando que “saben perfectamente que neste ano 2023 non van facer nin un só metro de obra. Non lle mintan ós lucenses”. “Chegan tarde e chegan mal”, subliñou Pilar García Porto, pois o proxecto que presentaron “ten a Declaración de Impacto Ambiental caducada, non se axusta ó PXOM de Lugo, non inclúe un Estudo de Impacto e Integración Paisaxística conforme á Lei 7/2008 de Protección da Paisaxe de Galicia e provoca impactos críticos na contorna do Rato”. De feito, o PP recoñeceu ata en dúas ocasións no debate que a Xunta debe dar explicacións pola tardanza da obra e tamén que a Administración autonómica ten que estudar as alegacións que presentou a Deputación de Lugo.

Grazas á moción do PSdeG, a Deputación de Lugo aprobou solicitar á Xunta de Galicia que cumpra coa normativa legal vixente no deseño do trazado da segunda fase da Ronda Leste; que tramite e aprobe unha nova Declaración de Impacto Ambiental, conforme á Lei 21/2013, do 9 de decembro, de Avaliación Ambiental, e a Lei 9/2018, do 5 de decembro, pola que se modifica, entre outras, a referida Lei 21/2013; que adecúe o novo trazado ó establecido no PXOM de Lugo; que elabore e aporte un Estudo de Impacto e Integración Paisaxística conforme á Lei 7/2008 de Protección da Paisaxe de Galicia; e que elimine os impactos críticos do trazado no entorno do Rato a nivel ambiental e visual, garantindo os usos do Parque Periurbano e minimizando a modificación da xeomorfoloxía do terreo e a paisaxe.

A institución provincial tamén reclamou á Xunta de Galicia que asuma as súas competencias e garanta prazas públicas en residencias para os maiores da provincia de Lugo grazas aos votos do PSdeG e do BNG. A Voceira socialista do Goberno sinalou que na actualidade a institución provincial conta con 260 prazas en 9 centros, e outros 9 en marcha.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.