Canido e Narón prepáranse para exaltar a primavera coa festa dos Maios esta fin de semana

Haberá concertos, obradoiros e mesmo unha comida veciñal no barrio ferrolán
Archivo- Celebración de Os Maios antes de la pandemia
Archivo- Celebración de Os Maios antes de la pandemia

A ancestral celebración dos maios xa arrancou motores en moitos concellos e parroquias das comarcas. Un dos lugares onde máis arraigada esta está tradición é no barrio ferrolán de Canido, que prepara un finde semana con máis dunha trintena de actividades do venres 5 ao domingo 7. Será precisamente nesta xornada cando a veciñanza está convidada a unha comida de confraternización e festexo da primavera ao longo da rúa Alegre, o cruceiro de Canido e Alonso López contra as dúas da tarde. Previamente haberá unha sesión vermú na praza de Auga amenizada polo dúo Lidia India & Grupo. Despois do almorzo no parque Antón Varela haberá xogos e obradoiros con actividades, lúdicas e educativas, de promoción da sostenibilidade, descubrimiento, destreza e mesmo un itinerario circense. Pero xa desde este venres haberá actividades para tódolos públicos. Ao mediodía haberá xogos tradicionais para escolares, pola tarde maxia. E desde as 20.00 horas celebraranse os concertos de Miguel Biezma, Los Fallaos, El Cruce e Los Alcántara en diversos espazos. Durante todo o sábado actuarán Los Zares, Paso de Llave ou Baluarte.

Narón tamén presentou a súa programación da festividade dos Maios, que terá lugar este sábado, día 6. A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o traballo realizado dende a Sociedad Cultural Areosa para poder desenvolver un ano máis este evento festivo e tamén agradeceu “a implicación das veciñas e veciños e dos escolares da cidade que cada ano elaboran maios que se poderán ver o sábado na Praza de Galicia. A programación comezará ás 11.00 horas na Praza de Galicia, donde como cada ano se elaborará unha gran alfombra floral cun deseño do artista naronés Leandro Lamas e cunhas dimensións de dez metros de alto por dez de ancho. Na decoración da mesma, unha vez deseñada, poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. Así mesmo, tamén pola mañá e na Praza de Galicia, haberá un obradoiro de arte floral, no que se amosará como se realizou o traballo realizado nos organizados dende o Padroado da Cultura.

Ás 16.30 horas será a concentración dos Maios nas inmediacións do Centro Cívico Social de Piñeiros, dende onde partirán ás 17.00 horas en comitiva cara á praza de Galicia. Unha vez cheguen a esta última localización, sobre as 18.00 horas, terá lugar a recepción oficial, con música tradicional a cargo dos grupos do Padroado da Cultura. Haberá tamén na praza unha Mostra de Arte floral, cos Maios realizados tanto nas entidades veciñais como nos centros de ensino, nos que o alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria participou nos obradoiros impulsados cada ano dende o Padroado.

En Pontedeume foron os primeiros en festexas a festa dos maios o pasado 1 de maio, co seu tradicional Concurso de Maios. O evento contou cunha notable afluencia de público, que se achegou a contemplar as estruturais florais que se presentaron este ano. Na edición deste ano participaron os seguintes maios: Maio Colorido, Maio Calamardo e o Maio da Amizade, estes tres do CEIP Couceiro Freijomil; o Maio O Galán e o Maio Tradicional, ambos da Asociación Airiños do Eume, e o Maio Florido do CPR Luis Vives.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.