Estas son actividades para conmemorar as Letras Galegas en Ferrolterra

Haberá música, espectáculos de monicreques, lecturas, obradoiros e mesmo concursos de relatos
“A viaxe feliz de Ramón Sanfiz”
“A viaxe feliz de Ramón Sanfiz”

Narón celebrará mañá o Día das Letras Galegas coas actividades programadas en “N de Narón. A festa das Letras”. A programación coa que se conmemorará a data, adicada este ano ao escritor lucense Francisco Fernández del Riego, iniciarase ás ás 12.00 horas cun espectáculo musical de Brais das Hortas: “Consertasso na horta”. A continuación, ás 13.00 horas actuará Mamá Cabra, con temas do seu traballo “Ondamini”. A programación retomarase pola tarde ás 17.00 horas coa actuación do Coro Peque Solidarium do Concello de Narón, integrado por menores de 6 a 11 anos. Ás 17.30 haberá un espectáculo de clown, con AsSircópatas, que traen á cidade “Rogelio, un pallaso en recuperación” e ás 18.30 comezará o concerto de Supermeiga.

As nenas e nenos que se acheguen á praza da Lectura poderán participar tamén ao longo do día nun obradoiro de imprenta ambulante a cargo de Alouette Machine, de 12.00 a 14.00 e dende as 16.30 ata as 19.30 horas e o público en xeral poderá visitar o espazo de lectura e libraría habilitado para a ocasión. Este ano contarán cun espazo propio as librarías naronesas Pasapáxina e Day e tamén asinarán libros a escritora Ana Meilán, de 13.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 17.00, e o escritor Antón Cortizas, dende as 17.30 ata as 18.30 horas.

O Concello de Neda adiará ata o domingo a conmemoración do Día das Letras Galegas que, como é sabido, este ano se dedica a Francisco Fernández del Riego. No marco do programa “En maio, flores e letras” programarase o novo espectáculo para o público infantil de Fantoches Baj, baseado na obra Galicia do autor homenaxeado. “A viaxe feliz de Ramón Sanfiz” é o título desta proposta, que chegará á Casa da Cultura, o día 21 ás 12 horas, e que combina narración oral e monicreques.

Nela Ramón Sanfiz “aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da Mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo” contando ao público infantil a viaxe realizada dende a súa vila ata San Andrés e as historias de xente que coñeceu. Esta produción de novo cuño de Fantoches Baj está baseada en Galicia, o libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego no que o autor trazou unha ducia de itinerarios singulares percorridos polo seu alter ego: Ramón Sanfiz. As entradas poden reservarse, contactando coa Biblioteca Municipal.

Pontedeume celebra o Día das Letras Galegas cunha proposta para todas as idades O mércores 17 de maio entregarase, ás 11:00 na casa do Concello, o premio do XXXIII Concurso de Contos Vila de Pontedeume. Ás 12:30, a ofrecerá unha actuación a Asociación Folclórica Orballo. Por outra banda, ás 12:00, o Ateneo Eumés, xunto co Colectivo Terra Pontedeume e o Concello de Pontedeume, realizará un roteiro artístico e cultural por toda a localidade. Comenzará nos Xardín de Lombardero e percorrerá diferentes sitios da vila para rematar preto das 14:00 da tarde.
Ademais do roteiro, nos Xardíns de Lombardero haberá visitas guiadas ás 17:00. As inscricións deberán realizarse na Oficina de Turismo, localizada no Torreón dos Andrade, no número de teléfono 981 430 270 e no correo electrónico [email protected] Tamén o propio mércores 17 de maio organizarase na Igrexa das Virtudes o festival ‘Letras Galegas’, a partir das 19:30, coa actuación da Coral Polifónica Ferrolana “A Magdalena”, de Ferrol, Los Trasnochadores del Eume, de Pontedeume, e o Coro Alegre Intermezzo, de Pontedeume.
A Banda de Música Vila de Cedeira ofrecerá este mércores o seu tradicional Concerto do Día das Letras Galegas. A cita será ás 19.00 horas no Auditorio Municipal, con entrada de balde, e o recital levará por título “Lendas, contos e…música”. Baixo a dirección de Eduardo Mallén, a Banda de Música Vila de Cedeira intercalará nesta ocasión a lectura de pequenas pasaxes de contos e lendas, tal como anuncia o título do concerto, cun repertorio musical no que destacará a presenza de compositores galegos como David Fiuza.
En Ares, o luns 22 de maio presentarase a obra «A Viaxe Feliz de Ramón Sanfiz», a cargo da compañía Fantoches Baj. Este espectáculo conta a historia de Ramón Sanfiz, un aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da Mariña lucense, quen se dispón a percorrer un novo itinerario co seu triciclo. Ao longo da súa viaxe desde o seu pobo natal, San Andrés de Teixido, Ramón comparte as diferentes historias que aprendeu dos habitantes que se atopou no camiño. Para a narración utilízanse diferentes técnicas do teatro de rúa, como a música, os monicreques, os romances e o kamishibai. Está dirixido a nenos e adultos a partir dos 6 anos e comezará ás 18:00 horas. A entrada é gratuíta e sen necesidade de inscrición previa
Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.