La candidata socialista a la reelección el 28 de mayo, María Loureiro, ha marcado como puntos clave en su campaña la mejora de las infraestructuras locales en el próximo mandato.
“Hai tempo que se veñen realizando xestións para intentar mellorar diversas infraestructuras, e para isto tramitouse a desafectación de varios terreos pertencentes a Costas”, asegura Loureiro. “A obtención da titularidade destes terreos permitirá levar a cabo varias actuacións de gran relevancia para o Concello de Viveiro”, explica.
“Entre eles pode citarse a rotonda da Misericordia. Sobre esta actuación, dende o concello xa se ten realizado un estudo ou proposta coa pretensión de mellorar esta rotonda, tanto no que se refire ao tránsito rodado como ao peonil, para o que se pretende realizar un cambio na súa configuración e unha mellora dos servizos existentes”, asegura Loureiro.