Viveiro implícase na celebración das Letras Galegas

A alcaldesa agradeceu especialmente o labor da Concellería de Cultura, do artista David Bellas e da asociación Bágoas da Terra para manter as tradicións
viv

O Concello de Viveiro amosou a súa satisfacción e transmitiu os seus parabéns á toda a veciñanza polo desenvolvemento das actividades levadas a cabo na vila co gallo do Día das Letras, que este 17 de maio homenaxeou ao lucense Francisco Fernández del Riego. Dende a Concellería de Cultura, un ano máis, programouse unha ampla lista de iniciativas co obxectivo de implicar a todos os grupos de idade e a todos os colectivos.

De novo, o acto central foi a interpretación do Himno de Galicia, dende o balcón da Biblioteca Municipal, por parte de David Bellas, artista e profesor do CMUS de Viveiro que desinteresadamente sempre se ofrece a levar a cabo este momento tan emotivo.

“Dende o Concello de Viveiro damos as grazas tanto a David como á asociación Bágoas da Terra polo seu labor a prol de manter as tradicións a axudarnos na promoción e salvagarda da nosa cultura”, subliña a alcaldesa de Viveiro María Loureiro. Os compoñentes de Bágoas da Terra foron un ano máis os encargados do baile tradicional e xuvenil na Praza Maior, ademais de organizar a exposición ‘Exaltación do traxe galego’ na sala multiusos do concello.

Foron moitos os centros escolares e os veciños que desfrutaron deste percorrido polas diferentes vestimentas dos devanceiros, unha proposta que se suma en Viveiro á iniciativa colectiva ‘Orgullo de ser’, que propuxo de novo este mes de maio incorporar pezas do traxe tradicional galego á vestimenta ou a vestirse completamente co traxe.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.