Un novo programa formativo busca a inserción laboral de 500 persoas da industria naval

A Consellería de Economía, Emprego e Industria pon en marcha a segunda edición de Empreganav, destinado a parados procedentes de auxiliares
naval12-orreaga

A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de poñer en marcha do programa Empreganav co obxectivo de apoiar a inserción laboral de 500 traballadores na industria naval. Os beneficiarios do proxecto serán persoas desempregadas procedentes de pemes que conforman a industria auxiliar do naval en Galicia, cuxo despedimento fora motivado por causas obxectivos entre o 23 de maio de 2019 e o 23 de febreiro de 2020.

O programa, que conta cun orzamento de 3,2 millóns de euros, baséase nun plan de medidas individualizado para os traballadores para acompañalos persoalmente en todo o proceso ata a súa reinserción no mercado laboral. Realizaráselles un perfil socio-laboral individual a través de entrevistas personalizadas, formaranse na búsqueda activa de emprego, orientación laboral e, por último, un programa formativo transversal en competencias clave e novas tecnoloxías. Posteriormente, tras a entrada no mercado de traballo farase un seguimento individual a través de titorías personalizadas nas que se verificarán as condicións do emprego.

Empreganav tamén inclúe un programa de apoio económico dotado con 600.000 euros e que se centra en axudas directas dirixidas aos beneficiarios para cubrir os gastos derivados da súa participación. Inclúense incentivos para a participación activa; axudas para o desprazamento; incentivos para as persoas emprendedoras; para a inserción por conta allea; e para a conciliación. Na primeira edición do programa, en 2012 participaron 454 persoas que lograron mellorar a súa empregabilidade e das que un 70% lograron a inserción no mercado laboral.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.