A Concellería de Obras, Servizos e Medio Ambiente informou dos feitos acontecidos a pasada noite na Gallada cando, logo de iniciarse un altercado nun dos bares próximos á zona, a situación acabou no exterior do local con destrozos no mobiliario público.
As catro persoas identificadas pola Policía Local, a cal acudiu ao lugar dos feitos trala chamada dalgunha testemuña que presenciou a escena, serán as responsables de facerse cargo do arranxo dos danos ocasionados no mobiliario, causados polo lanzamento dun obxecto contundente contra a marquesiña.
O concelleiro desta mesma área, Jorge Kuntz, sinalou que afortunadamente estas condutas irresponsables están a ser puntuais no concello polo que non hai que experimentar acontecementos como estos de forma asidua. «Temos que agradecer a intervención da Policía Local que permitiu que a situación non fose a maiores e que, dada a cercanía cunha vía pública de enorme tráfico rodado, agora non teñamos que lamentar danos maiores”, afirmou o edil.