Cabanas presenta unha nova estratexia de defensa medioambiental

“Cabanas Sostíbel” engloba varias accións para mellorar a sostibilidade do concello
Bolsas da campaña Cabanas Sostíbel.
Bolsas da campaña Cabanas Sostíbel.

O Concello de Cabanas vén de presentar unha serie de accións deseñadas a mellorar a sostibilidade do concello, agrupadas baixo a estratexia «Cabanas Sostíbel».

O responsable da área, Iago Varela, explicou que «levaranse a cabo diversos plans de concienciación ambiental, así como roteiros interpretativos e actividades para a mellora do medio ambiente”, e confirmou que “o plan de compostaxe doméstica, iniciado o outono pasado, será ampliado en breve no marco desta campaña”.

Aproveitando a posta en marcha da estratexia Cabanas Sostíbel, o Concello repartirá entre a veciñanza, en colaboración co comercio local, un milleiro de bolsas de malla reutilizables para a froita, coas que se pretende contribuír á redución do consumo de plástico.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.