O Concello de Cabanas amplía as súas axudas a veciños en risco de exclusión social

Aumenta a cantidade destinada a alimentación, coidado infantil, ou mediciñas non cubertas pola Seguridade Social

O Concello de Cabanas vén de aprobar, na celebración do seu Pleno ordinario, a modificación da Ordenanza de Axuda e Emerxencia Social.

Esta decisión supón un aumento das axudas municipais destinadas a paliar as necesidades básicas e urxentes dos veciños e familias en risco de exclusión social.

Así, amplíanse as cantidades destinadas a alimentación, coidado infantil, medicinas non cubertas polo sistema de saúde, e transporte e reforzo escolar, entre outros.

Novos regulamentos

O Pleno cabanense tamén deu luz verde a tres regulamentos: o de Participación Veciñal, o de Venta Ambulante e Feiras e o do Rexistro Municipal de Entidades.

  • O novo Regulamento de Participación Veciñal establece as diferentes vías de participación da veciñanza na vida municipal, fomentando a formulación de iniciativas veciñais e dándolles a posibilidade de facer preguntas nos plenos.
  • O Regulamento de Venta Ambulante e Feiras nace coa vontade de garantir a boa convivencia da actividade de venda ambulante e os comercios, regulando aspectos como os horarios, zonas de realización, condicións de montaxe, ou a documentación que precisan presentar as persoas que monten os postos.
  • O Regulamento do Rexistro Municipal de Entidades establece un marco xurídico que permite coñecer documentalmente a realidade do tecido asociativo e de participación colectiva.
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.