A fachada do Concello de As Pontes iluminarase esta noite (a partir das 21:00 horas) coa cor verde, con motivo do Día Internacional Contra o Cancro que se conmemora hoxe, 4 de febreiro.
A través desta acción, o Concello das Pontes súmase ás iniciativas postas en marcha pola Asociación Española Contra el Cáncer que baixo o lema #Llámalocáncer, busca sensibilizar á poboación sobre a importancia de normalizar socialmente o cancro, deixando de ser un tabú, xa que é algo que afecta a todos e todas directa ou indirectamente.
Discussion about this post