As Pontes destinou o pasado ano máis de 42.000 euros en axudas de emerxencia social

Caso o 65% do investimento estivo destinado a alimentación e medicamentos.
fp comedor social Fraile 18.jpg

O Concello das Pontes, a través da Concellería de Benestar Social,  ven de facer balance dos investimentos realizados durante o ano 2019, que ascenden a un total de 42.800 euros nas axudas de emerxencia social.

Estas achegas, de carácter extraordinario, estiveron destinadas a atender situacións puntuais de emerxencia que afectan a persoas e familias, en situacións sobrevidas de necesidade. Segundo a concelleira responsable da área, Tania Pardo, estas axudas permitiron atender a 62 familias pontesas que, nun momento puntual, non dispoñían dos recursos económicos precisos para afrontar necesidades básicas. “A través destas achegas, o Concello das Pontes, trata de paliar e evitar as consecuencias, sociais, psíquicas e mesmo físicas, que a carencia de recursos económicos pode provocar nas persoas beneficiarias” remarcou a concelleira.

Pardo apuntou que o 64,5% destas axudas estiveron destinadas a dar cobertura a necesidades básicas de subsistencia tales como alimento ou gastos sanitarios e farmacéuticos non cubertos polos diferentes sistemas públicos. Por outra banda, o 35,5% do investimento do progama estivo encamiñado ao pago de gastos relacionados coa vivenda e o aloxamento entre os que se atopan os gastos necesarios para conservar o uso da vivenda, obras e arranxos básicos, gastos de mobiliario, mensualidades de alugueiros ou cuotas de agua, luz, gas ou outos subministros esenciais.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.