Narón xa posa para a undécima edición do «Concurso de Fotografía Cidade de Narón»

Dende hoxe permanecerá aberto o prazo de inscrición ata o 25 de setembro, con premios de 750,300 e 150 euros para os tres mellores fotógrafos
Daniel Lois Otero
Daniel Lois Otero

O Concello de Narón mantén aberto dende hoxe e ata o vindeiro 25 de setembro o prazo para presentar imaxes á undécima edición do «Concurso de Fotografía Cidade de Narón». As persoas que desexen participar poden consultar as bases ao completo deste certame no enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-XI-Concurso-de-Fotografia-Cidade-de-Naron.pdf.

Pola súa parte a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, recordou que se entregarán tres premios, de 750, 300 e 150 euros á primeira, segunda e terceira fotografía mellor valoradas por un xurado especializado. As imaxes deben presentarse no Rexistro do Concello, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas.

Un espello da riqueza local

As fotografías deben amosar a riqueza de Narón, podendo centrarse en varias áreas a súa temática: humana e social -ámbito veciñal, deportivo, industrial, festas populares…- ou espazos naturais de interese, de lecer, culturais e tecnolóxicos ou patrimonio monumental, arqueolóxico e etnográfico.

O lugar ou entorno debe ser do concello naronés e recoñecerse como tal na imaxe presentada ao certame, que está aberto á participación de persoas maiores de idade. Como máximo cada participante poderá presentar tres imaxes, en cor ou branco e negro, que deben cumprir todos os requisitos estipulados nas bases desta convocatoria, tal e como apuntou Hermida.

Características a ter en conta

O xurado valorará o impacto visual, a calidade técnico artística e a creatividade con ata un máximo de 10 puntos -cada un destes criterios-. As doce imaxes que reciban maior puntuación ilustrarán o calendario de sobremesa que editará o Concello de Narón para o ano 2021.

As persoas interesadas en recibir máis información sobre este certame poden dirixirse ao correo electrónico: [email protected] ou chamar ao número de teléfono: 981 337 700 -extensión: 1502-.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.