As mulleres do rural propias de Cabanas poderán aumentar o seu empoderamento con EspadELA

As mulleres rurais poderán visibilizar a súa situación e fortalecer a súa importancia na sociedade con estes cursos dende o 29 de setembro ata o 1 de decembro
levinred_tcm30-525259

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Igualdade, vén de anunciar a súa participación no proxecto EspadELA, unha escola de empoderamento feminino destinado a mulleres do rural.

A través de catro liñas formativas que combinan formación presencial e a distancia, o proxecto busca crear espazos de traballo no plano persoal que melloren as condicións de vida das mulleres do rural, coa intención de que estas mudanzas poidan espallarse e compartirse nunha rede de sororidade e recoñecemento feminino.

Os talleres desenvolveranse os martes de 16.00 a 18.00 horas, desde o 29 de setembro até o 1 de decembro. Para participar, é preciso inscribirse antes do 25 de setembro a través do correo [email protected] ou no teléfono 649 075 263.

Con voz propia

Neste primeiro curso traballarase arredor da autoestima, da participación, do liderado e da prevención de violencias machistas. Abordarase o recoñecemento persoal das mulleres como suxeitos de dereitos políticos, sociais e civís.

Enredad@s

Centrado nas novas tecnoloxías, neste curso realizarase unha aproximación ás posibilidades que ofrece Internet e as redes sociais traballando o manexo práctico de dispositivos móbiles que facilitan a comunicación e o traballo en rede.

Habitando o noso corpo

Esta terceira reunión xirará arredor do autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional. Utilizaranse ferramentas da biodanza, da atención plena e do ioga integral, como medios para chegar a esta conexión sempre dende o goce e o autocoidado.

Saberes en común

No último curso farase unha recuperación e posta en valor de saberes, coñecementos e experiencias das mulleres sobre os diversos traballos que desenvolveron ao longo da súa vida, así como do territorio que habitan.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.