Finalmente este sábado 26 celebrarase o «Chef solar e alimentación saudable» de Narón

Este programa que mezcla a gastronomía co ecoloxismo terá lugar na Praza de Galicia entre as 11.00 e as 14.00 horas, e será obrigatorio o emprego de máscara e gardar a distancia social
119596594_2743270439263677_5435108027410883611_n

O Concello convoca a través do programa municipal «Narón en Transición» un novo obradoiro de «Chef solar e alimentación saudable» que terá lugar este sábado, día 26, na Praza de Galicia. A cita será entra as 11.00 e as 14.00 horas e poderán asistir persoas de todas as idades, que deberán cumprir as medidas sanitarias de prevención da Covid-19, entre as que se inclúe o uso obrigatorio de máscara e o mantemento da distancia social, tal e como asegurou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego.

O edil animou á veciñanza a acudir a esta convocatoria que é «de carácter interxeracional e na que os asistentes terán a oportunidade de coñecer os principios básicos da enerxía solar, tipos de cociñas solares, cocción e montaxe dun pasteurizador… entre outras propostas impulsadas por persoal especializado nesta temática”.

Ao longo da mañá tamén se poderá participar nun obradoiro de Pinta sol e pirógrafo solar e desenvolveranse mostras lúdicas da aplicación solar fotovoltaica e de concentración.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.