Con-tacto

fbbe0b65d69c9f5aeeac3107d2e28d7e

A pel é o maior órgano sensitivo a disposición das persoas , con millóns de terminacións nerviosas a través das cales podemos sentir o frío do inverno, a auga quente da ducha, a dor dun belisco, a sutileza dunha caricia ou a intensidade dunha aperta. O tacto é, polo tanto, o sentido que máis sentido da á nosa vida.
A escritora xordo-cega Hellen Keller dicía: “A cegueira separa ás persoas das cousas, a xordeira separa ás persoas das persoas.” Sen embargo, poucos estudos puxeron ao longo da historia o foco no tacto, ou na súa ausencia. Eu diría que a falta de tacto afástanos de nós mesmos/as e do noso entorno.

Únicamente existen dúas persoas no mundo que naceron sen o sentido do tacto, unha enfermidade neurolóxica conxénita á que a comunidade científica intenta comprender. O que si se coñece é a dificultade que presentan estas persoas para identificarse no espazo, para camiñar, para obter calquera tipo de sensación (calor, sede, etc.) e para establecer relacións ou vínculos emocionais, xa que deben interpretar as sinais de cariño emitidas polas demais persoas dun xeito distinto.

A COVID está poñendo de manifesto precisamente a importancia que ten o sentido do tacto, precisamente pola necesidade de contacto que temos as persoas, nomeadamente en situacións especialmente complicadas. A ninguén sorprende ver a dous adolescentes darse unha aperta en plena rúa porque non poden controlar as ansias de tocarse, de sentirse cerca. A súa necesidade de contacto prima máis que o medo ao contaxio. Todas e todos botamos de menos coller unha man para dar ánimos, bailar pegados ao son de Sergio Dalma ou dar ese bico de benvida ou despedida cando temos preto a un ser querido.

O noso cerebro anímanos a rachar as normas, e o noso corpo busca sen censura a pel con pel, porque as persoas estamos programadas de serie para amarnos (no sentido máis amplo do termo) con intensidade. Pero a situación de crise sanitaria e o consecuente problema de saúde pública obríganos a conter os nosos impulsos, e evitar esa aperta, esa caricia, ese bico ou ese saúdo agarimoso.

Fagamos entón unha promesa. Todas esas mostras de cariño que temos que deixar gardadas no caixón utilicémolas cando isto acabe. Que non quede daquela nin un só sorriso, nin unha soa palabra de alento, nin un só aloumiño, nin un só con-tacto por satisfacer.

Teñamos precaución agora, para poder SENTIRNOS despois.

Relacionadas

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.