«Dieta Ártabra», o proxecto que pretende dar un impulso definitivo á gastronomía de Ferrol

Este é un plan co que se pretenderá dar a coñecer a gastronomía local como patrimonio cultural á par que se potenciará a identidade da cidade e dos seus produtos
SONY DSC
SONY DSC

A concelleira María Teresa Deus presentou esta mañá na comisión informativa de Turismo, Economía, Facenda, Emprego e Recursos Humanos o proxecto Dieta Ártabra, un plan estratéxico de turismo gastronómico, sostible e saudable que o Concello de Ferrol vai poñer en marcha o próximo ano e no que xa se está a traballar co fin promover a dieta ártabra como identidade culinaria de Ferrol.

Gastronomía como patrimonio cultural

Deus trasladou aos grupos da oposición durante a comisión que o fin é deseñar unha folla de ruta a medio e longo prazo que permita dar a coñecer a gastronomía local como patrimonio cultural e potenciar a identidade culinaria de Ferrol e os seus produtos locais.

Para elo lanzarase a marca Dieta Ártabra e realizaranse accións para estimular a creación e desenvolvemento de «produtos e experiencias turísticas gastronómicas asociadas ao potencial do noso destino», explicou Deus. De forma paralela, implantarase un plan de promoción e apoio á comercialización do turismo gastronómico coa participación dos axentes do sector ao tempo que se maximizará o poder da tecnoloxía como motor para lograr o desenvolvemento do turismo gastronómico.

Unha acción transversal

A concelleira explicou esta mañá que se trata dunha acción conxunta entre varios departamentos, polo que tamén implicarase a concellería de Mercados que dirixe Germán Costoya. Coa posta en marcha deste proxecto estratéxico o Concello busca promover Ferrol como cidade gastronómica.

Ferrol, na rede de Cidades Creativas de Gastronomía

A Rede de Cidades Creativas da Unesco creuse no ano 2004 para promover a cooperación entre urbes que identifican a creatividade como factor estratéxico de desenvolvemento urbano sostible. Un dos sete ámbitos de actuación da rede é o gastronómico, e a cidade de Ferrol aspira a converterse en membro da Rede de Cidades Creativas de Gastronomía.

Para logralo, o plan que poñerase en marcha o próximo ano promoverá a economía local precisamente a través do turismo gastronómico, poñerá en valor os produtos locais, os seus beneficios, apoiará a creatividade culinaria e fixará as bases para xerar ligazóns con outras cidades de referencia nacional e internacional.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.