O naval reclama un frente común de tódolos alcaldes para esixir «que non se hipoteque o futuro das comarcas»

Os comités de Navantia Fene e Ferrol instan aos Concellos a facer de interlocutores "cunha soa voz" ante Xunta e o Goberno central
Eil48F7XYAAhSJ4

O naval da ría de Ferrol continúa co seu calendario de mobilizacións e presións para saír do pozo no que se atopan os estaleiros públicos de Navantia debido á falta de carga de traballo. A última das protestas levou a un cento de operarios e representantes sindicais nunha marcha desde a antiga Bazán ata o Concello de Ferrol, onde se reunieron cos alcaldes de Ferrol, Ángel Mato, e Fene, Juventino Trigo.

Os presidentes dos comités de ambas factorías expuseron a necesidade de facer un frente común entre todos os concellos das tres comarcas para reclamar ao Goberno central que derive algún proxecto construtivo para Ferrol nos próximos meses, xa que non hai prevista ningunha obra ata o primeiro trimestre de 2022. O escenario dun 2021 en blanco pode ser crítico para a comarca e se estima que preto de 3.000 operarios das empresas auxiliares van quedar se emprego o próximo ano.

Trala reunión mantida entre os rexedores e os representantes dos comités, o alcalde Ferrol anunciuou que convocarán ao resto de alcaldes das tres comarcas a unha xuntanza para que os traballadores do estaleiro lles podan trasladar a importancia desta situación para toda a contorna. O obxectivo, explicou Ángel Mato, é facer de interlocutores de forma conxunta con outras administracións para reclamar carga de traballo e a necesidade de diversificación da actividade de ambos estaleiros. «É necesaria unha maior inversión, tanto en novos proxectos construtivos como en infraestururas, como pode ser o dique seco», dixo o rexedor ferrolán. Os sindicatos tamén pedirán aos alcaldes dos vinte concellos das tres comarcas que participen nunha grande mobilización que se levará a cabo os próximos meses.

Pola súa banda, o fenés Juventino Trigo, lembrou que este «non é un problema só de Fene e Ferrol», senón que afecta a moitos concellos da contorna de forma directa ou indirecta, onde están asentadas empresas auxiliares ou mesmo onde residen os propios operarios. O alcalde do BNG pediu que tódalas organizacións políticas, «independemente da súa cor» se sumen a estas mesas de traballo e ás mobilizacións en demanda de máis carga de traballo para o naval da ría.

Un dos representantes sindicais de Navantia Ferrol, Marcelo Amado, da CIG, dixo que «é o momento de dar un paso máis» ante a fonda crise que se aveciña pola falta de carga de traballo e lembrou que a finais de este ano máis de 1.000 traballadores «se irán para casa». Amado manifestou que este é unha das últimas oportunidades que ten a comarca de recuperar o seu principal motor industrial e que se non se fai agora, «pódese hipotecar o futuro da zona para os próximos 20 ou 30 anos».

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.