A Deputación financia con 480.000 euros a formación de 48 investigadores e artistas da provincia

As axudas, dotadas con 10.000 euros cada unha, financiarán proxectos de investigación e estudos de especialización artística dentro e fóra de Galicia
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso recibiu no Pazo Provincial  ás persoas beneficiarias das bolsas de investigación e de perfeccionamento de estudos artísticos | Deputación da Coruña
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso recibiu no Pazo Provincial ás persoas beneficiarias das bolsas de investigación e de perfeccionamento de estudos artísticos | Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña concedeu este ano 48 bolsas de investigación e de perfeccionamento de estudos artísticos, unha convocatoria á que destina un total de 480.000 euros. Cada persoa beneficiaria recibirá unha achega de 10.000 eurospara completar a súa formación, desenvolver proxectos de investigación ou continuar a súa especialización artística.

O acto de entrega dos diplomas celebrouse no Pazo Provincial e contou coa participación do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, quen destacou a importancia de apoiar o talento da provincia e facilitar que mozos e mozas poidan continuar a súa formación con respaldo económico.

Dúas liñas de axudas

A convocatoria distribúese en dúas modalidades. As bolsas de investigación suman 20 axudas, cun investimento de 200.000 euros, repartidas entre as áreas de artes e humanidades, ciencias da saúde, ciencias sociais e xurídicas, estudos de xénero, ciencias, arquitectura e enxeñaría.

Pola súa banda, as bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos ascenden a 28, cunha dotación global de 280.000 euros. As persoas beneficiarias desenvolven a súa formación en disciplinas como o audiovisual, a danza, a ilustración e as artes plásticas, a música ou o teatro e a interpretación.

Máis bolsas e maior contía

A Deputación lembra que nos últimos anos incrementou tanto o número de axudas como a súa dotación económica. A convocatoria pasou de 40 a 48 bolsas, mentres que a contía individual aumentou de 8.000 a 10.000 euros.

Segundo explicou Formoso durante o acto, o obxectivo é contribuír a que a falta de recursos económicos non sexa un obstáculo para que investigadores e artistas poidan continuar a súa formación ou desenvolver os seus proxectos, tanto en Galicia como noutros centros de referencia.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.