A Mancomunidade de A Mariña leva a Fitur a campaña ‘Descubre a Mariña lucense. Vive o norte de Galicia’

A entidade participa a próxima semana no evento cunha axenda de contactos e reunións con turoperadores, empresas e medios de comunicación especializados
Imagen de archivo del presidente de la Mancomunidade, Fran Cojoto
Imagen de archivo del presidente de la Mancomunidade, Fran Cojoto

A Mariña Lucense volverá estar presente en Fitur do 18 ao 22 de xaneiro da man de Turismo de Galicia presentando a nova campaña turística ‘Descubre A Mariña Lucense. Vive o norte de Galicia’ ante autoridades, turoperadores, prensa especializada e profesionais do sector.

O vídeo principal desta nova estratexia de comunicación formará parte do acto de presentación da Mariña Lucense que terá lugar o xoves, 19 de xaneiro, ás 17:30 horas no stand de Turismo de Galicia. No evento intervirá o Presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, acompañado por representantes da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. No acto o presidente da Mancomunidade fará fincapé nos avances do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense (2022-2024), enunciando os proxectos que se están abordando e que darán un novo pulo e proxección ao destino. Algunhas destas actuacións consisten no reforzo da entidade de xestión, o impulso á participación dos axentes do sistema turístico, a revisión da arquitectura de marca e desenvolvemento da estratexia de márketing, avances na comercialización do destino, traballos de mellora da sinalización e o reforzo das infraestruturas.

Fran Cajoto explica que “o vídeo promocional marcará o inicio dunha campaña deseñada tras o éxito de ‘Volve a encontrar o Norte. Visita A Mariña Lucense’ coa que se viña promocionando o destino nos últimos dous anos. A campaña será executada durante os próximos meses a través de diversos medios convencionais e dixitais e ten por obxectivo incrementar o recoñecemento e notoriedade do destino ao tempo que se reforza o posicionamento da Mariña na mente do cidadán, principalmente a nivel nacional”.

A Mancomunidade estará presente en FITUR desde o 18 de xaneiro mantendo contacto e xuntanzas de traballo con profesionais do sector, prestadores de servizos, outros destinos turísticos, e con turoperadores e axencias minoristas, co obxectivo de presentarlles a variedade e calidade de recursos, produtos e servizos turísticos do xeodestino. As persoas que acudan a Fitur 2023 poderán atopar información turística sobre A Mariña Lucense, ocasión para a que a Mancomunidade editou unha edición especial da guía ‘A Mariña Lucense ao descuberto’.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.