A Mariña en Ruta chegará este sábado a Trabada

A xornada inclúe a visita ao Museo Etnográfico Xosé Rocha e tamén a ruta de sendeirismo da Fraga da Vilapena
Foto da última ruta de 'A Mariña en Ruta'
Foto da última ruta de 'A Mariña en Ruta'

A cuarta edición de A Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, chegará este sábado, día 12, a Trabada. Coñecer o pasado de Trabada será posible con esta ruta, unha das mellores maneiras de coñecer a historia e como era a vida antigamente. Inclúe a visita ao Museo Etnográfico Xosé Rocha e tamén a ruta de sendeirismo da Fraga da Vilapena. Alí os participantes entrarán na igrexa, que conta con interesantes retablos, un renacentista e outro barroco. Manuel Anllo Centeno será o guía que os acompañará.

A Mariña en Ruta seguirá o día 19 cunha visita ornitolóxica á ría de Foz. E o 26 de novembro rematará esta nova edición de A Mariña en Ruta con A vida aos pés da Ría de Foz-Masma -Barreiros-.

O pasado sábado, día 5, Lourenzá foi a protagonista de A Mariña en Ruta. Os asistentes visitaron terras pertencentes ao antigo Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, desde a igrexa de Santa María, onde se atopa o sartego do Conde Santo, ata o Pazo de Tovar e diferentes parroquias da zona.

A cuarta edición de A Mariña en Ruta daba comezo o pasado 8 de outubro. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. A información sobre a rutas pendentes e as reservas de prazas realizarase de forma automática a través da web de Turismo de A Mariña Lucense, o mail [email protected] e o teléfono 644 009 722

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.