A Mariña preséntase como «un destino único» en Fitur 2023

A Mancomunidade de Concellos da Mariña presenta a nova campaña ‘Descubre A Mariña Lucense. Vive o norte de Galicia’
190123 Foto Maria Loureiro Mariña Fitur

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou en Fitur a nova campaña de promoción do xeodestino ‘Descubre A Mariña Lucense. Vive o norte de Galicia’ diante de autoridades, turoperadores, prensa especializada e profesionais do sector.

Na presentación abordáronse as principais accións que se están a desenvolver no marco do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense que está tendo lugar na actualidade, e visionouse o vídeo que marcará o inicio dunha nova campaña deseñada tras o éxito de ‘Volve a encontrar o Norte. Visita A Mariña Lucense’, coa que se viña promocionando o destino nos últimos dous anos.

A nova proposta quere subliñar os atractivos e a variedade de recursos cos que conta o territorio, e reivindicar eses atributos que fan da Mariña un destino absolutamente único en Galicia, contando en primeira persoa catro experiencias vividas que poñen de manifesto ese extraordinario plus de singularidade que define a esta comarca….”segredos que queremos que os viaxeiros descubran, vivan e compartan”. A campaña, que en Fitur está apoiada por material impreso en formato postal das catro declaracións que integran o vídeo, será executada durante os próximos meses a través de diversos medios convencionais e dixitais e ten por obxectivo incrementar o recoñecemento e notoriedade do destino ao tempo que reforzar o posicionamento da Mariña na mente do cidadán, principalmente a nivel nacional.

Durante os días profesionais da Feira Internacional de Turismo do 18 ao 20, o ente supramunicipal participará en diversas reunións con operadores turísticos co obxecto de presentarlles os recursos, produtos e servizos turísticos do xeodestino, para favorecer a inclusión da Mariña Lucense nos seus programas. Tamén se realizarán encontros con empresas e profesionais de sector para coñecer novidades en diversos ámbitos e casos de boas prácticas noutros destinos coa posibilidade a aplicar no territorio.

Os visitantes de Fitur 2023 poderán atopar información turística sobre A Mariña Lucense e os distintos concellos no módulo provincial de Lugo no stand de Turismo de Galicia, sito no pavillón 9 do recinto feiral de Ifema ata o domingo 22 de xaneiro.

Neste acto participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, por delegación do presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, quen tivo que disculpar a súa ausencia por motivos de axenda municipal, José Tomé, presidente da Deputación de Lugo, e Javier Arias, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.