A Mariña traballa na elaboración dun plan estratéxico de marketing turístico

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense realizou na pasada semana dúas xornadas de traballo con axentes públicos e privados do sector
reunión-pst-plan-mk-sector-privado

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense realizou na pasada semana dúas xornadas de traballo con axentes públicos e privados do sector, na que participaron máis de 30 representantes de concellos da Mariña, do GDR Terras de Miranda, do GALP A Mariña – Ortegal, de Turismo de Galicia, da Deputación de Lugo, do IES de Foz, de aloxamentos de diversa tipoloxía, de artesanía, de guías e turismo activo e deportivo. O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, explicou que “o motivo destes encontros está relacionado coa elaboración do Plan Estratéxico e Operativo de Marketing Turístico para A Mariña Lucense, un traballo que permitirá revisar e definir o modelo turístico e de posicionamento da Mariña, que establecerá a estratexia de mercados e a súa priorización, revisará a carteira de produtos actuais e potenciais e definirá as fórmulas de promoción máis axeitadas para o destino e os seus produtos. Tamén proporá o Plan Operativo de Marketing 2023-2025, desplegando, definindo e calendarizando accións e iniciativas”.

Cajoto Caserío sinalou que “ademais desta xornada e co obxectivo de mellorar o aspecto da gobernanza no destino, dende a Mancomunidade véñense impulsado ao longo destes meses, outra serie de actuacións relacionadas coa participación dos axentes do territorio vinculados á actividade turística como reunións, envío de cuestionarios para coñecer traballos realizados, opinións, potencialidades, fraxilidades e necesidades sobre actuacións relativas ao turismo deportivo e de natureza, o Camiño do Mar, a Ruta Pardo de Cela, sinalización turística e experiencias de turismo slow, entre outras”. E engadiu que “dentro do PST na Mariña Lucense dende a Mancomunidade estase contemplado ampliar esta participación á cidadanía en xeral, tendo en conta a turistas e residentes”.

O Plan de Sostibilidade Turística -2022-2024- está cofinanciado pola SETUR, Turismo de Galicia e os Concellos que compoñen a propia Mancomunidade co apoio da Deputación de Lugo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.