A praia do Portelo en Burela contará cunha rampla para facilitar o seu acceso

Tamén se fará outra obra para crear unha zona de descanso e o Concello solicitará a bandeira azul para esta praia
playa portelo

O alcalde, Alfredo Llano, anunciou este venres as actuacións que Costas acometerá proximamente na praia do Portelo, onde se instalará unha rampla para facilitar o acceso a este areal e tamén unha zona de descanso.

O rexedor contou que “de acordo con Costas do Estado vamos facer unha mellora substancial, vistosa e que vai chamar a atención porque vai ser moi singular na nosa praia do Portelo. Vanse facer unha serie de instalacións que espero que estean listas xa para que na Semana Santa poida ser empregada por todos os usuarios que se acheguen a esta praia”.

As melloras que se van facer consisten nunha rampla para facilitar que aquelas persoas que o necesiten poidan baixar nunha cadeira de rodas ou permitir a baixada á praia dunha maneira segura. Llevará adoquíns, madeira e unha serie de elementos que resaltarán e darán unha vistosidade grande á praia. Tamén se fará outra obra para crear unha zona de descanso, que servirá para mellorar a estética, a funcionalidade e a seguridade e será un lugar no que os usuarios poderán sentarse ou cambiarse de roupa, para facilitar aquelas dinámicas que se empregan nas praias.

O alcalde de Burela explicou que “con estas dúas actuacións queremos mellorar moito a rampla de baixada, empregando materiais moi duradeiros, o que contribuirá á estética e á funcionalidade da praia. Isto vai agradar as posibilidades do areal do Portelo, que queremos que sexa un atractivo máis do noso concello porque pouco a pouco vaise consolidando como unha praia segura e bonita, que merece a pena visitar”. Engadiu que “vamos solicitar a bandeira azul para esta praia, igual que para A Marosa”.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.