A obra ‘As que limpan’ da compañía teatral A Panadaría chega mañá ás 21:00 horas á Casa da Cultura de Burela.
‘As que limpan’ é unha sátira utópica e reivindicativa sobre o traballo e loita das camareiras de piso que pretende xerar debate sobre como o noso sistema económico sostense e funciona grazas á explotación das mulleres. As entradas costan 4 euros na billeteira da Casa da Cultura o propio Sábado 5 de Novembro desde media hora antes da función.
Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro da compañía teatral A Panadería gravaron un vídeo en redes para animar a todos aqueles que queiran a acercarse á función. A dirección e o texto corre tamén por parte das tres actrices.