Burela mellora a rúa da Capela

O investimento realizado na mellora dese viario ascende a 120.000 euros
Burela
Burela

O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, visitaron a rúa da Capela, na Vila do Medio. O investimento realizado na mellora dese viario ascendeu a 120.000 euros.

O rexedor declarou que “a xente de Burela pode ir visitar unha obra moi guapa que se fixo na Vila do Medio, concretamente na rúa da Capela. É unha actuación moi completa, moi singular e que lle dá un valor extraordinario a aquela zona. Realmente quedou perfecta e é un gusto pasar por esa rúa, onde se colocou o adoquinadoe tamén se fixo unha renovación na rede de abastecemento de auga, substituíndo tanto acometidas como canalizacións, ademais dos separativos de augas residuais e pluviais. Isto era moi necesario e esperemos que vaia para moito tempo”.

Llano dixo que “nesta zona tan singular como é Vila do Medio, onde está a capela e tamén hai cuestións etnográficas, como unha serie de hórreos, nun deles vamos conveniar co seu dono para fortalecer esas visitas etnográficas a Vila do Medio para visualizar e gozar do que é un bo patrimonio de Burela, e sobre todo desa zona concreta. Así que animo a todo o mundo a que vaia ata alí e vexa con toda claridade a mellora total que se fixo nesta zona, que era moi merecida polos veciños e polas veciñas e ao mesmo tempo creo que lle dá unhas posibilidades urbanísticas e de convivencia maiores”.

O alcalde burelés engadiu: “fíxose un investimento duns 120.000 euros, que eu penso que foron moi ben empregados e que realmente cumpriron as expectativas que tíñamos para esa obra”

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.