Burela presentará o 1 de abril a Feira do Bonito en Tarifa

O rexedor lembrou que “este ano fixemos a presentación en Fitur da Feira do Bonito, que é de interese turístico nacional"
Imagen de archivo de la Feira do Bonito
Imagen de archivo de la Feira do Bonito

Burela presentará a Feira do Bonito na vila gaditana de Tarifa. Será o 1 de abril, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor lembrou que “este ano fixemos a presentación en Fitur da Feira do Bonito, que é de interese turístico nacional, o que ten moita importancia para nosoutros». Llano explicou que “entón vimos facendo presentacións da Feira do Bonito en sitios singulares: xa fomos a Madrid, a Salamanca e o ano pasado a Montmeló. E en 2022 veu aquí o alcalde de Tarifa, que ten moito interese porque alí pescan o atún vermello, aquí capturamos o bonito do Norte e entón hai relación con respecto á pesca e un entendemento total. Gustoulle moito a Feira do Bonito e entón facilita que vaiamos presentala este ano a Tarifa.»

O alcalde burelés explicou que tamén defenderán a actividade náutico pesqueira. Unha delegación viaxará a Tarifa para apoiar esa presentación.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.