Burela suspende o Entroido da Sardiña previsto para esta tarde a causa da chuvia

A edil de Festexos explicou que xa están estudando unha posible data "para poder rematar como se merece o Entroido 2023 en Burela"

Imagen de archivo de 2022 del Entierro de la Sardina en Burela | Concello de Burela

O Concello de Burela ven de suspender o Enterro da Sardiña previsto para esta tarde por mor da chuvia.

A edil de Festexos, Toñi Eijo, explicou que “a previsión do tempo para esta tarde é moi mala e entón vémonos na obriga de suspender o Enterro da Sardiña, que ía saír desde O Poeta para rematar no Penoural. Estamos a estudar unha posible nova data para poder rematar como se merece o Entroido 2023 en Burela”.

Eijo engadiu que “sabemos que a xente está pendente do Enterro da Sardiña, pero co mal tempo que dan pensamos que o mellor é pospoñer esta cita. En canto decidamos a nova data comunicarémola para que a veciñanza poida gozar deste evento”.

Salir de la versión móvil