Máis de 600 persoas se darán cita no XIII Encontro de Palilleiras en Burela

Será o vindeiro 20 de maio e haberá exposicións, obradoiros e actos singulares na nave de redes

Entre 600 e 700 persoas se darán cita no XIII Encontro de Palilleiras, que se celebrará en Burela o vindeiro 20 de maio. Está organizado pola asociación As Encaixeiras e polo Concello.

O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “entre seiscentas e setecentas participantes se darán cita en Burela no décimo terceiro Encontro de Palilleiras, que vai ser tan numeroso ou máis que nas pasadas edicións. E hai unha cuestión moi curiosa, que vai participar palillando unha señora que ten 105 anos. Isto é algo singular e rechamante e indica o importante que é este tipo de arte para moita xente”.

Haberá exposicións, obradoiros e actos singulares na nave de redes. “Vai ser un día importante para Burela dado que teñen moitas actividades paralelas nas que lle dan importancia ao conxunto do noso concello. E todo iso terá repercusións tanto na promoción turística como na economía local. Eu convido á veciñanza de Burela e de toda a comarca da Mariña a achegarse á nosa vila o vindeiro 20 de maio para ver e disfrutar deste arte, que é unha auténtica marabilla”, explica o alcalde.

Salir de la versión móvil