Unha exposición, unha charla e unha representación teatral para conmemorar o 8M en Burela

O propio 8 de marzo ás 12 do mediodía haberá na praza do Concello unha concentración e a lectura do manifesto institucional
Imaxe de arquivo dunha concentración anterior | Concello de Burela
Imaxe de arquivo dunha concentración anterior | Concello de Burela

A concelleira de Muller e Igualdade, Noelia Mª Ben, presentou hoxe as actividades organizadas para conmemorar o Día Internacional da Muller. A próxima semana haberá unha exposición, a iluminación da fachada da Casa do Concello de cor violeta, lectura de manifesto, unha charla e unha representación teatral.

A edil burelesa explicou que “o primeiro que faremos será iluminar de violeta a fachada da Casa do Concello. O luns, día 6, ás sete da tarde na Casa da Cultura será a inauguración da exposición dos traballos realizados por mulleres nos cursos de tempo libre. Esa mostra poderá visitarse ata o venres en horario de 11 a 13 horas polas mañás e de 18 a 20 horas polas tardes. O martes ás 12 do mediodía no auditorio da Casa da Cultura teremos unha mesa redonda con mulleres da Garda Civil, que nos relatarán a súa experiencia profesional. Esta cita leva por título Ámbito rural, mulleres e Garda Civil, tres realidades con futuro”.

Noelia Mª Ben seguiu a relatar que “xa o propio 8 de marzo ás 12 do mediodía na praza do Concello teremos unha concentración e procederemos a ler o manifesto institucional. E o venres, día 10, ás nove da noite remataremos esta semana de actividades coa representación de Tabú a cargo de Tarabela Creativa, que contará con música en vivo de Nastasia Zürcher”.

A concelleira de Muller e Igualdade convida “a asistir a estas actividades que organizamos en Burela para conmemorar o Día Internacional da Muller”.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.