A música galega e independiente volve a Foz

O concello fai un balance moi positivo do Festival Vrao, que encheu de música a praza Conde de Fontao a pasada fin de semana
Los organizadores del festival Vrao de Foz | Concello de Foz
Los organizadores del festival Vrao de Foz | Concello de Foz

Esta pasada fin de semana retomouse en Foz a celebración do Festival Vrao e o Concello fai un balance moi positivo do evento: “a cita foi un éxito de público e de boa música”.

Dende a Delegación de Cultura móstranse “moi satisfeitos de apostar por este festival. Un formato pequeno, de música independente e galega que encheu de bo rollo a praza Conde de Fontao”, sinala a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen engadiu que as festas de San Lourenzo tiveron continuidade na fin de semana con este evento que pensaron como unha alternativa para a xente de Foz.

No evento tamén participou o CB Celtas de Foz, poñendo o seu traballo e esforzo na venta de bebidas e do que destinarán a recadación ás súas categorías inferiores.

“Esperamos que esta sexa a volta da música galega e independente a Foz, en formato festival. Ofrecendo a mellor opción a afeccionados á música de diferentes estilos, Vrao para artistas alternativos, Festival Bal y Gay para música clásica, banda de música e outras asociacións de Foz para os artistas locais e orquestras para aqueles fans da verbena«, rematou a edil de Cultura.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.