A Sala Bahía e a Galiña Azul en Foz dispoñerán dun espazo de encontro e dunha zona peonil de descanso

Cos traballos proxectados, a gardería tamén pasará dun patio de 117 a 188 metros cadrados cun pavimento de caucho completamente renovado
200323 CONTORNA DA SALA BAHÍA E DA GALIÑA AZUL (FOZ)

A contorna da Sala Bahía será humanizará e ampliarase o patio de xogos da escola infantil A Galiña Azul en Foz. O Concello destina algo máis de 83.000 euros do Plan Único 2023 para este proxecto .

“Dispoñer dun espazo de encontro e dunha zona peonil de descanso para a Sala Bahía e a Galiña Azul”. Así define o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o obxectivo da actuación proxectada, que “pretende poñer en valor o histórico edificio multiusos de Foz. Estamos a falar dun entorno a onde tódolos días se desprazan familias con pequechos e unha zona onde centos de persoas acoden a eventos que se celebran na Sala Bahía. Unha área de servizos moi importante que se completa coa estación de autobuses: cremos moi importante crear un espazo seguro, agradable, que facilite os movementos peonís e que ademais poña en valor un edificio tan emblemático como é a Sala Bahía.»

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, destacaou que a Sala Bahía é un edificio histórico para Foz, que continúa tendo unha vida cultura ampla e acolle festivais, teatro ou eventos tan importantes como o Entroido de Foz. «Debemos seguir coidándoa para que estea nas mellores condicións. De calquera xeito imos seguir reclamando á Xunta de Galicia que colabore para dotar a Foz, o segundo concello da Mariña, do auditorio que tanto necesita”, explica Couto.

Por outra parte o alcalde explica que “na Galiña Azul temos un problema de espazo para os nenos: o patio de xogos ten unhas dimensións moi reducidas. Por iso, ante a falta de compromiso do Consorcio e as demandas da dirección da gardería e dos pais e nais do centro, decidímonos a investir fondos a amplialo. Coa modificación da porta de acceso á Sala Bahía -xa realizada nun proxecto anterior- e os traballos definidos imos gañar un novo patio de xogos exterior moi necesario no lateral da Galiña Azul. A gardería pasará dun patio de 117 a 188 metros cadrados, cun pavimento de caucho completamente renovado en toda a superficie”.

As obras inclúen unha nova situación dos cubos de lixo, a disposición de catro bancos e árbores ornamentais para crear un entorno agradable, transformarán en peonil o acceso da Galiña Azul e a Sala Bahía desde a Avenida de Viveiro. Novas canalizacións de pluviais, iluminación exterior con catro luminarias led de nova instalación e un firme de formigón impreso daranlle unha nova perspectiva a este espazo tan utilizado da vila.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.