Axóuxeres de Foz e Ollomao de Barreiros inaugurarán esta fin de semana o circuíto de Teatro Afeccionado

A compañía focense Axóuxeres representa 'Cousas de mulleres' na Casa da Cultural do Vicedo o sábado ás 20.00 horas
grupo axouxeres
grupo axouxeres

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado, que inclúe 87 representacións espalladas por todas as comarcas. Vintenove compañías –dez máis que na última edición- representan as súas obras no marco deste programa, co que a área de Cultura mantén o apoio ás artes escénicas e ofrece a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.

As primeiras representacións desenvolveranse esta fin de semana. A compañía focense Axóuxeres representa ‘Cousas de mulleres’ na Casa da Cultural do Vicedo o sábado ás 20.00 horas. Trátase dunha historia de tres mulleres, cos seus problemas, loitando contra o mundo e ata consigo mesmas, mulleres ás que o destino une por unha casualidade e que, sen pretendelo, acaban convertíndose en grandes amigas. Esta obra busca elevar os ánimos con humor, xa que a unión fai a forza e non hai problema que non teña solución. A entrada é gratuita.

O domingo, o Colectivo Cultural Ollomao pon en escena ‘O documento’, no Centro Social de Cangas, en Fóz, ás 19.00 horas.

O Circuíto e Teatro Afeccionado artéllase en catro ciclos en función das temáticas e públicos das obras propostas polas compañías, entre as que se atopan traxicomedias de intriga nas que o suspense se adereza con humor negro; funcións que abordan, a través de historias cotiás, problemáticas sociais como a desigualdade de xénero ou pezas cómicas e costumistas nas que os protagonistas son arquetipos sociais, pasando por adaptacións de obras clásicas da literatura.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.