Chegan a Foz as XLII Xornadas Micolóxicas

Entre as actividades atópanse saídas, Xoves de 'Funxitapas', coloquios e visitas
setas

A asociación Os Bolouros de Foz celebra as súas XLII Xornadas micolóxicas durante o mes de novembro e decembro cun completo programa.

As actividades dan comezo cos ‘Luns de Micoloxía’, nos que membros dos Bolouros axudarán a recoñecer e identificar os cogomelos recollidos polos afeccionados no salón de actos do Cenima ás 20:00 horas. Será os días 14, 21 e 28 de novembro. Os Xoves de ‘Funxitapas’ coa consumición probaranse petiscos de cogomelos, a partir das 20:30 horas nos establecementos Racimo e Casa Damián. Sucederá o 10, 17 e 24 de novembro.

Este domingo, 13, haberá unha saída ás Lobeiras, pertenecente ao concello de Viveiro, onde se recollerán e identificarán cogomelos cun xantar posterior opcional. Para esta actividade é necesario apuntarse antes do día 12 no correo [email protected] ou nos teléfonos 982 140 302 e 625 172 409. A saída será diante da casa do Concello ás 9:30 horas. O día 17 haberá o coloquio ‘Shiifos. Unha experiencia no cultivo de Shiitake’ da man de Pedro Rodil Sanjurjo e Jesús López Penabad. Será no salón de actos do Cenima de Foz ás 20:00 horas.

Estas xornadas son en homenaxe a Berio, polo que o domingo 20 de novembro será a xornada ‘O camiño de Beiro’ en homenaxe a Beiro Quiroga Gallego. Haberá unha visita ao Museo e Castro de Viladonga, un percorrido ao carón do río Azúmara -8 quilómetros, nos que se poderán apañar cogomelos-. A chegada será ao Campo da Feria de Castro de Rei, haberá un xantar, opcional, en Casa Cazoleior -Meira- e unha visita ao ‘Pedregal de Irimia’, o nacemento do río Miño. A saída será, en coches particulares, de diante da casa do Concello ás 9:00 horas.

O domingo 27 de novembro será o turno dunha saída a terras de Sarria para a recollida e identificación de cogomelos acompañados da Asociación micolóxica ‘A Muiñeira’. A saída será ás 8:30 horas de diante da Casa do Concello en coches particulares.  As xornadas pecharán o 3 de decembro cun Xantar Micolóxico no restaurante ‘Racimo’ ás 14:30 horas. O precio será de 45 euros para os socios e 50 euros para os non socios e é imprescindible anotarse antes do día 2.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.