Chegan a Foz as XLII Xornadas Micolóxicas

Entre as actividades atópanse saídas, Xoves de 'Funxitapas', coloquios e visitas

A asociación Os Bolouros de Foz celebra as súas XLII Xornadas micolóxicas durante o mes de novembro e decembro cun completo programa.

As actividades dan comezo cos ‘Luns de Micoloxía’, nos que membros dos Bolouros axudarán a recoñecer e identificar os cogomelos recollidos polos afeccionados no salón de actos do Cenima ás 20:00 horas. Será os días 14, 21 e 28 de novembro. Os Xoves de ‘Funxitapas’ coa consumición probaranse petiscos de cogomelos, a partir das 20:30 horas nos establecementos Racimo e Casa Damián. Sucederá o 10, 17 e 24 de novembro.

Este domingo, 13, haberá unha saída ás Lobeiras, pertenecente ao concello de Viveiro, onde se recollerán e identificarán cogomelos cun xantar posterior opcional. Para esta actividade é necesario apuntarse antes do día 12 no correo bolouros@concellodefoz.es ou nos teléfonos 982 140 302 e 625 172 409. A saída será diante da casa do Concello ás 9:30 horas. O día 17 haberá o coloquio ‘Shiifos. Unha experiencia no cultivo de Shiitake’ da man de Pedro Rodil Sanjurjo e Jesús López Penabad. Será no salón de actos do Cenima de Foz ás 20:00 horas.

Estas xornadas son en homenaxe a Berio, polo que o domingo 20 de novembro será a xornada ‘O camiño de Beiro’ en homenaxe a Beiro Quiroga Gallego. Haberá unha visita ao Museo e Castro de Viladonga, un percorrido ao carón do río Azúmara -8 quilómetros, nos que se poderán apañar cogomelos-. A chegada será ao Campo da Feria de Castro de Rei, haberá un xantar, opcional, en Casa Cazoleior -Meira- e unha visita ao ‘Pedregal de Irimia’, o nacemento do río Miño. A saída será, en coches particulares, de diante da casa do Concello ás 9:00 horas.

O domingo 27 de novembro será o turno dunha saída a terras de Sarria para a recollida e identificación de cogomelos acompañados da Asociación micolóxica ‘A Muiñeira’. A saída será ás 8:30 horas de diante da Casa do Concello en coches particulares.  As xornadas pecharán o 3 de decembro cun Xantar Micolóxico no restaurante ‘Racimo’ ás 14:30 horas. O precio será de 45 euros para os socios e 50 euros para os non socios e é imprescindible anotarse antes do día 2.

Salir de la versión móvil