Foz amplía os premios para o desfile de Entroido

A gran afluencia de grupos levou á ampliación dos premios para adultos e a engadir unha nova categoría ao coche mellor engalanado de grupos
Imaxes da coroación da raíña do Entroido fai uns días en Foz
Imaxes da coroación da raíña do Entroido fai uns días en Foz

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz anuncian unha modificación nos premios programados para a categoría de grupos adultos. A gran afluencia dos mesmos levou a reformular a categoría ampliando a dotación destes, quedando como segue: 1º premio, 700 euros; 2º premio, 500 euros; 3º premio, 400 euros; 4º premio, 350 euros; 5º premio, 300 euros; 6º premio, 200 euros; e 7º premio, 100 euros. Tamén se inclúe unha nova categoría ao coche mellor engalanado de grupos que terá unha dotación de 250 euros.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “a participación no desfile sigue crecendo. O seu percorrido, que será coma todos os anos pero rematará na confluencia das rúas Irmandiños e Concello de Cervo, espérase con importante afluencia de público. Para que se desenvolva correctamente pídese aos participantes que ao finalizar desexen ir ao porto que se desvíen cara á dereita -rúa Alfonso X O Sabio- e os que queiran acudir á chocolatada, cara á esquerda -rúa Concello de Cervo para poder acceder á praza de Galicia pola rúa Carlos Maside-. O graderío do porto conta con máis do 95% das localidades vendidas, polo que o sábado sacaranse á venda as localidades restantes en horario de 12 a 14 horas e, se restara algunha, de 15.30 horas ata o comezo do desfile”.

O coñecido como Fozódromo contará con animadores, ademais dos protagonistas do desfile, a Juan Varela e Isi, que farán as presentacións dos participantes. Coma o ano pasado, a emisión tamén poderá seguirse en streaming dende a páxina de youtube do Concello de Foz. Dende a organización piden o acceso aos asentos da bancada “antes da hora do comezo do desfile, para que a saída sexa puntual”, indica o presidente de O Noso Foz, Ángel Fernández Neira.

A Delegación de Cultura agradece a todos os participantes que ao chegar “se acheguen á caseta da organización para avisar da súa chegada ao recinto portuario. Ademais este ano contamos con servizos no recinto a disposición dos participantes”. O alcalde Foz, Fran Cajoto, deséxalles a veciños e visitantes “que desfruten do Entroido e participen nos eventos que se organizan facendo a Foz un lugar para gozar do Carnaval da mellor maneira”.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.