Novas titulacións para que a veciñanza de Foz estude na UNED

Ana Traseira explicou que este curso se implantarán tres novas titulacións: a de Maxisterio en Educación Infantil, o Grao en Enxeñería da Enerxía e Ciencias Ambientais
Concello de Foz
Concello de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, recibiu á directora da UNED en Lugo, Ana Traseira, e presentaron a campaña de matrícula para o curso 2022-23 e as novas titulacións que se impartirán no centro lucense.

Ana Traseira explicou que este curso se implantarán tres novas titulacións: a de Maxisterio en Educación Infantil, o Grao en Enxeñería da Enerxía e Ciencias Ambientais. «A primeira viña sendo demandada de xeito insistente polo alumnado da UNED dende hai moito tempo e por fin podemos ofertarlla aos nosos estudantes de xeito semipresencial, e polo tanto tamén aos do concello de Foz e da área da Mariña. A segunda acaba de ser creada pola UNED e aprobada pola ANECA e esta titulación creo que moi acaída nos momentos de crise enerxética que estamos a vivir e todo este inverno ao que nos temos que enfrontar supón a necesidade de revisar os nosos consumos enerxéticos e os tipos de enerxía que estamos a empregar».

A directora da UNED en Lugo comentou tamén que “coma sempre, ao longo de curso imos ter unha variada actividade de extensión universitaria; a aula de Foz caracterízase por un gran dinamismo neste campo e iniciamos o curso cun montón de actividades vinculadas ao Dereito, á Constitución, aos idiomas, ao traballo social, etcétera. Creo que vai ser un curso moi interesante porque por fin estamos volvendo á normalidade e considero que isto tamén vai ser aproveitado polos nosos estudantes para achegarse á UNED. Poden matricularse ata o vindeiro venres, día 21 de outubro”.

A directora da UNED salientou a celebración dos 50 anos da UNED, que se cumpriron o pasado 18 de agosto.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.