A VI edición dos Cantos de Taberna terá lugar o próximo 18 de marzo en Ribadeo

A inscrición nos Cantos de Taberna é gratuíta e pode facerse ata o 13 de marzo
cantos de taberna

As concellerías de Turismo e de Educación de Ribadeo presentaron a VI edición dos Cantos de Taberna, que se desenvolverá o 18 de marzo do 2023 a partir das oito da tarde.

O concelleiro Pablo Vizoso explica que “os cantos de taberna son unha actividade moi tradicional en Ribadeo e noutras vilas de Galicia, que permite recuperar pezas tradicionais coas que tanto nos identificamos e tamén disfrutar dun momento de lecer de forma conxunta ese sábado á noitiña polos establecementos da vila”.

As bases deste evento están publicadas na páxina web do Concello e nelas recóllese os requirimentos para participar. Os grupos participantes deberán estar formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, que irán acreditadas de maneira visible. A participación neste concurso aumenta este ano o número de grupos, que se incrementa ata 15 ou ata un máximo de 150 persoas en total. Cada grupo ten que percorrer o itinerario que a organización lle indique e polo tanto debe realizar as súas actuacións nos locais de hostalería asignados.

O edil de Desenvolvemento Local explicou que “en canto ao repertorio, por suposto é de libre elección e preferentemente establécese que se compoña de temas populares e tradicionais, incluíndo algunha obra de arraigo ribadense, e poderán libremente ir cambiándoo ao longo do percorrido. E ademais das voces, os grupos poden incorporar os instrumentos musicais que consideren oportunos. Ademais cada grupo dispoñerá dunha especie de pasaporte, que deberá selar en cada establecemento e que será o medio de acreditación de ter realizado o percorrido”.

A inscrición nos Cantos de Taberna é gratuíta e débese realizar a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ao seguinte número de teléfono: 982.128.689. Os grupos participantes deberán achegar a ficha de solicitude, que está dispoñible e pódese descargar dende a páxina web do Concello. En canto aos establecementos que desexen adherirse para participar neste evento tamén deben poñerse en contacto coa oficina de turismo de Ribadeo, a través do email [email protected] ou no teléfono 982.128 689. Neste caso deberán enviar as inscricións como moi tarde o 13 de marzo.

Como en edicións anteriores, os establecementos participantes deberán convidar aos integrantes dos grupos a unha consumición básica: viño corrente, cervexa, refresco ou auga. No acto de presentación dos VI Cantos de Taberna participaron os concelleiros de Turismo e Educación, Pablo Vizoso e Pilar Otero.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.