Acisa Ribadeo repartirá 15.000 premios nunha nova edición da campaña Rasca e Gaña

A campaña, que arrancará este venres, pretende fomentar as compras no comercio local e o consumo na hostalería
090523 PRESENTACIÓN CAMPAÑA RASCA E GAÑA DE ACISA RIBADEO

Do 12 de maio ao 23 de xuño Acisa Ribadeo repartirá 15.000 premios nunha nova edición da campaña Rasca e Gaña coa que a asociación pretende fomentar as compras no comercio local e o consumo na hostalería.

A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, subliñou que “presentamos esta campaña, que se vai desenvolver desde este venres, 12 de maio, e ata o 23 de xuño co obxectivo de potenciar as vendas neste período do ano, tras a celebración o dia da nai e previo ás rebaixas de verán. Os premios son moi interesantes e atractivos para a clientela do comercio, da hostalería e dos servizos de Ribadeo. Saír dun bar cun vale para mercar un regalo no comercio de Ribadeo ou ir mercar a unha tenda un agasallo e saír cunha botella de viño para levar para a casa ou cunha cea está moi ben”.

Cruzado Iglesias indicou que “con este Rasca e Gaña tamén lle estamos dando as grazas á clientela que segue confiando en nos e que seguen mercando en Ribadeo, a todas esas persoas que apostan polo noso comercio para facer as súas compras e ás que elixen a hostalería local para as súas celebracións ou para compartir momentos coas amizades.»

A campaña estará en todos os establecementos asociados a Acisa Ribadeo. Póñense en circulación 100.000 rascas dos que mais de 15.000 conteñen premios, mellorando con creces a edición do 2020 na que se editaron 15.000 rascas con 1.500 premios.

Jesús Pérez, xerente de Acisa, sinalou que “neses mais de 15.000 rascas premiados hai desde botellas de viño, ceas, merendas e comidas, menús especiais, cañas, copas, almorzos, cervexas, descontos en tendas do 5%, 10%, 15%, 20 % e ata do 50 %, promocións 2×1 ou vales de compra monetarios de 5, 10, 15 e 20 euros. Tamén hai regalos directos, como reloxos, produtos personalizados, e lotes de verán. Cada negocio asociado a Acisa entregará entre 100 e 120 premios”.

Sobre a mecánica da campaña Jesús Pérez dixo que é sinxela: “por cada compra poderás pedir o teu rasca debidamente selado. Estarán dispoñibles dende este o 12 de maio ata o 23 de xuño ou ata fin de existencias en cada negocio. Se resultas agraciado cun premio terás que reclamalo no establecemento que che indica o rasca. Os premios poden reclamarse ata o 23 de xuño e non son acumulables entre eles nin con outras promocións. As bases da campaña poden consultarse nas redes sociais ou na web de Acisa e os premios aos que se pode optar tamén se publicarán nas nosas redes.”

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.