Os socialistas denuncian “o abandono do centro de saúde de Ribadeo”

O falso teito do ambulatorio de Ribadeo caeu e o Concello apunta a kilos de excrementos de paloma acumulados

Os socialistas de Ribadeo amosaron hoxe a súa “preocupación”, tras o derrubamento dun falso teito no centro de saúde de Ribadeo pola acumulación de excrementos de pombas. A Voceira Socialista, Marta Rey dixo que os problemas sanitarios que padece á veciñanza, “van en aumento, xa que esta incidencia no centro xa leva anos sucedendo”.

Ademais lembrou que o grupo socialista xa denunciou o desmantelamento sanitario da vila, “non só a nivel de infraestruturas, senón pola falla de facultativos para atender aos usuarios e usuarias”, lamentou. Nesa liña, Marta Rey aludiu as constantes queixas dos usuarios do PAC e da veciñanza da Comarca, na que se evidenciou que só había un equipo médico na época estival no centro. “Polo tanto, son arredor de 14.000 persoas a carga de traballo que recae en tan só tres profesionais sanitarios do PAC de Ribadeo”.

Os socialistas inciden que “hai que lembrar que Galicia é a comunidade onde máis baixou o investimento na atención primaria. En Ribadeo podemos comprobar como a xestión do PP queda en evidencia, xa que o PAC do noso Concello é o verdadeiro exemplo do abandono e da desidia do PP en materia sanitaria”.

“Queremos que nese tan anunciado, publicitado e cacarexado novo centro de saúde da vila, conte cos profesionais sanitarios necesarios para atender aos seus usuarios. Queremos ter unha sanidade pública e de calidade, e non parches e medias verdades”, dixo a voceira socialista

Salir de la versión móvil