A alcaldesa de Trabada considera «unha falta de respeto institucional» a falta de información sobre a visita do delegado da Xunta

O delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, informou dunha visita a unha obra no concello con menos de 24 horas de antelación
Imagen de arquivo da alcaldesa de Trabada, Mayra García
Imagen de arquivo da alcaldesa de Trabada, Mayra García

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, considera “unha falta de respecto institucional” que o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, informe dunha visita a unha obra realizada no concello con menos de 24 horas de antelación.

O gabinete do delegado da Xunta informou ao concello o mércores ás 16:00 horas da visita no día de onte, xoves, ás 11:00 horas, ás obras realizadas na ponte que une a parroquia trabadense de Valboa e a ribadense de Cedofeita. “Curiosamente a visita foi o mesmo día e a mesma hora que a xunta de goberno da Deputación de Lugo, que se celebra semanalmente. Causalidade ou non, é unha vez máis unha mostra da falta de respecto institucional do delegado”, afirma García Bermúdez.

A alcaldesa propúxolle facer a visita pola tarde ou o luns ou martes da semana que vén, pero foi imposible debido á axenda do delegado da Xunta. “Se organiza o seu traballo con varios días de antelación, non ten xustificacion que avise dunha visita a un concello unhas horas antes”, remata. Non é a primeira vez que o delegado da Xunta, Javier Arias, visita o Concello de Trabada avisando só unhas horas antes.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.