Trabada aproba un orzamento de 2.010.326,37 euros e duplica os investimentos

“Son unhas contas expansivas coas que melloraremos as infraestruturas e os servizos públicos no 2023”, afirmou a alcaldesa socialista, Mayra García Bermúdez
Imagen de arquivo da alcaldesa de Trabada, Mayra García
Imagen de arquivo da alcaldesa de Trabada, Mayra García

O Concello de Trabada aprobou hoxe un orzamento municipal de 2.010.326,37 euros para o ano 2023, unhas contas nas que destaca a partida dos investimentos reais.   “Son uns orzamentos expansivos e sociais, con proxectos e investimentos cos que melloraremos as infraestruturas e os servizos públicos para os nosos veciños”, afirma a alcaldesa, Mayra García Bermúdez   No capítulo de gastos, destaca o citado incremento dos investimentos reais, duplicándose prácticamente a partida e chegando ata os 651.278,54 euros, o que supón un 32,40% dos orzamentos municipais.

“Con esta xestión, continuamos no camiño emprendido por este equipo de goberno, no que priorizamos os investimentos porque permiten importantes melloras nas infraestruturas do concello, e isto tradúcese en mellorar os servicios aos nosos veciños, en contribuír á seguridade dos veciños e visitantes e, en definitiva, en mellorar a calidade de vida no rural”, explica a alcaldesa, “xa que adicamos unha boa parte destes investimentos á mellora de estradas municipais, abastecementos, parques infantís e en xeral á mellora das instalacións municipais, tal e como fixemos dende que gobernamos”.

Por outra parte, as contas recollen a evolución das liquidacións do exercicio anterior e o reflexo dos padróns recoñecidos no 2021. O incremento no capítulo de ingresos derívase principalmente da previsión do ingreso durante o próximo exercicio orzamentario do proxecto do Parque eólico Mondigo, cuxa tramitación administrativa se encontra en fase moi avanzada en canto a informes e autorizacións sectoriais.  Prevese a solicitude de licenza do parque durante o próximo ano, por importe de 730.000 euros, o que suporá un incremento importante da cantidade que se prevé ingresar con respecto á cantidade estimada para o 2022, se ben non se pode facer uso dos mesmos ata que efectivamente se recaden.

Tamén aumentan un pouco os capítulos de persoal, atendendo á previsión de suba do salario dos funcionarios que se prevé para o 2023, e de gasto corrente, para o normal funcionamento dos servizos debido fundamentalmente a dous factores externos, como é a alta inflación e a extraordinaria suba dos costes enerxéticos.  Crecen igualmente as transferencias correntes para facer fronte aos gastos derivados do Centro de Atención a Maiores como consecuencia da próxima ampliación de prazas. En canto ás transferencias de capital, preséntase como novidade a aportación de 20.000 euros ao Concello de Ribadeo, coa finalidade de financiar as obras de rehabilitación e mellora da rede de abastecemento de auga, cumprindo así o convenio recentemente asinado entre ambas administracións.

“Polo tanto, aprobamos en tempo e forma, coa finalidade de contar cun orzamento dende o 1 de xaneiro, e consolidamos unha ferramenta eficaz para a xestión do concello; non se prevé acudir a operacións de endebedamento e trátase de un documento realista e axustado aos ingresos e gastos reais do concello”, dixo a rexedora socialista.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.