Trabada xa dispón de tres puntos de recarga de vehículos eléctricos

Están emplazados nas inmediacións da área de autocaravanas de Ría de Abres, do Centro Etnográfico Xosé Rocha e no almacén municipal
Concello de Trabada
Concello de Trabada

O Concello de Trabada xa dispón de tres puntos de recarga de vehículos eléctricos no municipio, un novo servizo para os seus veciños e visitantes.

A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e a concelleira Julia María Barcia visitaron hoxe estes puntos de recarga, emplazados nas inmediacións da área de autocaravanas de Ría de Abres, nas inmediacións do Centro Etnográfico Xosé Rocha e no almacén municipal, situado no edificio do Centro de Saúde e da Casa da Cultura.

Trabada conta con este servixo grazas á obtención dunhas axudas convocadas pola Xunta de Galicia con fondos do Goberno. García Bermúdez decidiu solicitar esta subvención “xa que é moi necesario no rural avanzar no relativo á mobilidade eléctrica, e para elo é preciso dotar o municipio de puntos de recarga de vehículos eléctricos, máis se cabe tendo en conta que en Trabada non hai ningunha gasolineira”.

A concesión destas axudas estaba supeditada ao financiamento por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, no marco do plan MOVES III. O Concello de Trabada presentou en concreto tres solicitudes, cun orzamento de 12.713,83 euros, o que supón un investimento de 38.141,49 euros, dos cales a Xunta de Galicia financia cos fondos que lle transfire o Goberno 30.513,18 euros e o concello asume con cargo aos fondos propios 7.628,31 euros.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.