O Concello de Trabada xa dispón de tres puntos de recarga de vehículos eléctricos no municipio, un novo servizo para os seus veciños e visitantes.
A alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, e a concelleira Julia María Barcia visitaron hoxe estes puntos de recarga, emplazados nas inmediacións da área de autocaravanas de Ría de Abres, nas inmediacións do Centro Etnográfico Xosé Rocha e no almacén municipal, situado no edificio do Centro de Saúde e da Casa da Cultura.
Trabada conta con este servixo grazas á obtención dunhas axudas convocadas pola Xunta de Galicia con fondos do Goberno. García Bermúdez decidiu solicitar esta subvención “xa que é moi necesario no rural avanzar no relativo á mobilidade eléctrica, e para elo é preciso dotar o municipio de puntos de recarga de vehículos eléctricos, máis se cabe tendo en conta que en Trabada non hai ningunha gasolineira”.
A concesión destas axudas estaba supeditada ao financiamento por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, no marco do plan MOVES III. O Concello de Trabada presentou en concreto tres solicitudes, cun orzamento de 12.713,83 euros, o que supón un investimento de 38.141,49 euros, dos cales a Xunta de Galicia financia cos fondos que lle transfire o Goberno 30.513,18 euros e o concello asume con cargo aos fondos propios 7.628,31 euros.