A Asociación de Veciños Camiño do Galdo presenta o programa da Festa do Entroido

A cita na parroquia viveirense ten o seu día grande o 25 de febreiro, xornada na que celebrará o Sábado de Piñata
entroido galdoww

A Asociación de Veciños Camiño de Galdo presentou esta mañá, xunto á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o programa da Festa do Entroido que organiza coa colaboración do Concello.

A cita na parroquia viveirense ten o seu día grande o 25 de febreiro, xornada na que celebrará o Sábado de Piñata cunha festa que inclúe a actuación do Grupo Folixa de Asturias. Dende as 22:30 horas comezará unha festa de entrada libre na que non faltarán os concursos de disfraces tanto individuais, como por parellas e grupos, así como as lambetadas e doces propios desta época de entroido.

“Dende o Concello temos a responsabilidade e a obriga de apoiar ás iniciativas que xorden dende as Asociacións Veciñais como é o caso desta cita tan arraigada na parroquia de Galdo”, subliña a rexedora. “Quero aproveitar para transmitir a miña gratitude e parabéns ás numerosas persoas que traballan para dinamizar a vida social e cultural de Galdo”, engadiu María Loureiro.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.