A caravela Vera Cruz regresa a Viveiro este sábado

Esta réplica das que participaron na volta ao mundo fai 500 anos alberga no seu interior alberga unha recreación de como era a vida a bordo naquela época
Concello de Viveiro
Concello de Viveiro

A Caravela Vera Cruz, unha réplica das carabelas portuguesas dos séculos XV e XVI, partiu de Lisboa o 25 de agosto rumbo a Guetaria, co obxectivo de participar no 500 aniversario da primeira volta ao mundo, que finalizou o 6 de setembro de 1522 en Sevilla, por parte de Juan Sebastian Elcano e Fernando de Magallanes. Durante súa singladura ata Guetaria, a Vera Cruz realizou unha parada técnica no porto de Celeiro o 28 de agosto.

Como xa estaba previsto, despois dos actos que tiveron lugar na localidade vasca, no seu regreso a Lisboa, a Caravela Vera Cruz realizará unha nova parada en Viveiro. A previsión é que saia de Guetaria mañá xoves e que chegue ao porto de Celeiro no atardecer do venres, quedando atracada no peirao norte de Celeiro.

A embarcación poderá visitarse gratuitamente ao longo da xornada do sábado 10 de setembro, en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, permitindo que todas aquelas persoas que o desexen poidan visitar esta carabela que, no seu interior, alberga unha recreación de como era a vida a bordo naquela época. Asemade, o concello realizará unha recepción oficial.

A tripulación da Caravela Vera Cruz está formada por uns quince homes e mulleres, entre os que se inclúe ao viveirense Manuel López Martínez, que foi o promotor desta parada, que conta coa colaboración do Concello de Viveiro e de Andrés Díaz Ferro, práctico retirado de Vivero, Burela e Cariño, así como da Consignataria de Viveiro, Nieves López.

Esta é unha oportunidade única para visitar esta embarcación, que pertence a Aporvela, a Escola Portuguesa de Capacitación de Vela.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.